JONATHAN ROSENBAUM: “OS CINÉFILOS SOMOS COMA UN CLUB SECRETO” (2/2)

Continúa de aquí. Hou Hsiao-Hsien e Françoise Romand Tras este paréntese no cinema mudo, que a moitos nos descolocou un pouco, Rosenbaum usou nos días próximos a identidade como fío condutor, iendo do Thompson máis íntimo á plasmación da comunidade que existe no cinema de Charles Burnett. Detívose na terceira xornada en Hou Hsiao-Hsien e Françoise Romand, dous autores que son como a noite e o día, pero que nas súas películas The Son’s Big Doll (incluída... Ler máis

JONATHAN ROSENBAUM: “O BO CINEMA ENSÍNACHE COMO VIVIR” (1/2)

“A filmoteca está xusto ao final desta rúa, verdade?” Así é. O meu acompañante oriéntase ben. Saímos do Museo Reina Sofía e parámonos nunha terraza na rúa de Santa Isabel. Aínda que fai 11 anos que non visita Madrid, sitúa perfectamente os principais museos e institucións do centro da capital. “Adoitaba ficar por esta zona, por iso a coñezo; Carlos Heredero convidoume antes de fundar Caimán. Cuadernos de Cine e foi un gran guía. A miña intención... Ler máis

FILMADRID 2015: UN CINEMA ESPAÑOL (E ALGO MÁIS)

Filmadrid tivo o acerto de contar con importantes presentacións de cineastas reivindicables, como Adolpho Arrietta, co micro na foto. Madrid non ten un festival de cinema xeralista que poida considerarse unha referencia. Co parque de salas da capital, e todas as actividades que se organizan en torno á sétima arte ao longo do ano, realmente custa crelo. Filmadrid chegou para solucionalo, e apunta maneiras para poder asentarse en pouco tempo. Cun programa diverso dunhas 80 películas,... Ler máis

EQUIPA (27)

Oito anos de crise económica non son unha mala experiencia pasaxeira, é a nova orde das cousas, unha dose sostida de desigualdade cunha función moi precisa: evitar a redistribución da riqueza nas sociedades do benestar. O cinema tardou moito en representar este proceso, mais a estas alturas xa hai unha manchea de filmes sobre o tema que cómpre analizar. Emporiso, queremos adicar a nosa vindeira Panorámica a interpretar as súas imaxes e discursos, porque configuran, dun... Ler máis

JAN SOLDAT: “TRASLADAR SEN INTERVIR, QUE CADA ESPECTADOR POIDA POSICIONARSE”

Jan Soldat vén de cumprir a trintena, mais xa conta na súa carreira con máis de 20 películas entre curtas e longas. Como el indica, a súa ferramenta é a honestidade, e con ela adáptase a cada personaxe, sabendo que duración lle pide o traballo, e como abordalo no visual. Porén, esta aparente flexibilidade tradúcese nunha linguaxe fílmica férrea, caracterizada por planos frontais principalmente e sen cortes, moi abertos, que mostran os seus personaxes, mais tamén o... Ler máis