PROCESOS #26 – FILMOTECA ESPAÑOLA

De preguntar a calquera cinéfilo con que sede identifica a Filmoteca Española, pódese supor que ao instante mencionará o madrileño Cine Doré, a céntrica e emblemática sede que desde 1989 acolle as súas proxeccións. Pero é moito menos sabido que gran parte do meticuloso traballo exhibido nas súas dúas salas ten orixe varios quilómetros ao oeste da capital, xa no termo municipal de Pozuelo de Alarcón. Alí, as modernas instalacións do Centro de Conservación e Restauración... Ler máis

CHEMA PRADO: “O ÉXITO DA FILMOTECA FOI O RESULTADO DO TRABALLO DUN EQUIPO AO QUE EU TIVEN A SORTE DE PERTENCER“

Apenas trinta minutos antes da Carta Branca que o Festival Curtocircuíto lle encomendou a Chema Prado (Rábade, 1952) os amigos de NUMAX cédenme o espazo do laboratorio audiovisual para falar co que estivo ao fronte da Filmoteca Española casi 30 anos. Ao pouco de comezar, o ritmo acelerado das súas palabras, coma se non quixera deixar nada sen dicir, dan boa conta de que ante min non está unha das persoas máis reputadas do panorama audiovisual español senon unha verdadeira... Ler máis

PROCESOS #25 – CGAI

Situado no corazón da cidade herculina, o Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) compatibiliza o traballo de exhibición do cinema actual máis destacable con ciclos de cinema clásico. A sala, lugar de culto para os cinéfilos galegos, é tamén o escenario de citas como a Mostra de Cinema Periférico (S8) e o sitio onde o público ten a ocasión de coñecer a directores coma Albert Serra, Carla Simón ou Pedro Costa. No pasado 2016, o CGAI cumpriu 25 anos nun momento marcado... Ler máis

EQUIPA (37)

Lugares de referencia para todos os cinéfilos, as filmotecas e os arquivos fílmicos convertéronse en espazos de resistencia onde xorden os diálogos máis interesantes. Sexan filmes clásicos, películas restauradas ou as apostas máis arriscadas dos directores emerxentes, nestes lugares celébrase a excepcionalidade dun cinema que, supostamente, non ten cabida nas salas máis comerciais: aquí celébrase o acto do cinema (o coloquio, a exhibición no seu formato orixinal…),... Ler máis

“FACER CINEMA, RODAR, É SUFRIR; UN DESACOUGO PERMANENTE”

Miguel Castelo (Ourense, 1946) é unha peza fundamental na maquinaria cinematográfica dos 70 en Galicia. O seu filme O pai de Migueliño (1977) adapta o relato de Castelao á gran pantalla, cunha clara vontade autoral, case inexistente no cinema da época. Dende aquela, dirixiu e produciu tres títulos máis, combinando esta faceta coa crítica, que exerceu no semanario Orzán, en Radio Coruña, ou conducindo o programa Do cinema galego para o centro territorial de TVE. A mediados... Ler máis