O MELLOR DE 2020

Sendo fieis o espírito de todos os decembros, A Cuarta Parede volve a preguntarlle ás súas colaboradoras sobre o balance do ano. Porén, neste ano tan estraño decidimos pasar das típicas listaxes do “mellor” para preguntarlles que tal foi o ano para elas en termos de cultura. Non importa se viron dez ou tan só un filme estreado en 2020, se pasaron os días refuxiadas nas series ou se estiveron vendo as rúas baleiras desde a súa xanela. Este ano impórtannos... Ler máis

BERLINALE 2020: SECCIÓN OFICIAL (1/3)

There Is No Evil, de Mohammad Rasoulof © Cosmopol Film A 70ª edición do Festival Internacional de Cine de Berlín (20 de febreiro – 1 de marzo) chegou acompañada dunha gran expectación. Despois de 18 anos baixo a dirección do alemán Dieter Kosslick, durante os cales o prestixio do festival e a calidade xeral das obras seleccionadas diminuíu progresivamente, o 2020 presentábase como o ano do cambio. O relevo de Carlo Chatrian como novo director artístico, acompañado... Ler máis