O mellor de 2021

Seguindo o espírito aberto no 2020, e fuxindo dun mero resumo do realizado no 2021, A Cuarta Parede volve preguntar ás súas colaboradoras polo repaso do ano. Un repaso libre, onde cinema e vida forman parte do mesmo: porque non entendemos a vida sen cinema, e porque hai máis vida alén do cinema. Onde unha viaxe, un libro, un filme ou unha canción ocupan o mesmo lugar. Porque as cousas están suficientemente mal como para poñernos exquisitos. En A Cuarta Parede apostamos... Ler máis

Curtocircuíto 2021: Planeta GZ, reciclaxe fílmica

Augas abisais, de Xacio Baño Curtocircuíto volveu a Santiago de Compostela un ano máis como un dos festivais con programacións máis frescas e arriscadas de toda Galicia. Asistimos a Planeta GZ, onde se agrupan algunhas das curtametraxes máis destacables do panorama autonómico do último ano. Chama a atención, unha vez máis, o choque xeracional cada vez máis consolidado que existe —e toda a diversidade que esta ponte supón—, entre voces habituais como Eloy Domínguez... Ler máis