PORTO/POST/DOC: ONDE ESTÁ O REAL?
É habitual que se organicen congresos ou seminarios temáticos de cinema nas universidades, pero non é moi común que estes teñan lugar no marco dun festival, co ritmo frenético que impón unha grella ateigada de filmes para ver; necesidade non sempre ben xestionada polos críticos de estar ao tanto de todo, a toda costa. Máis raro aínda é que a reflexión sobre os filmes vaia alén do debate posterior co director, polo menos durante o certame, dun xeito regrado, sen que... Ler máis
A CINEFILIA NOS TEMPOS DO EMULE
A finais dos anos noventa, un cinéfilo de provincias tiña moi poucas oportunidades para ter unha oferta cinematográfica variada. As súas achegas ao cinema seguramente se reducían aos filmes de Hollywood e aos clásicos europeos que os medios publicitarios aceptaran como válidos. Os cinéfilos que somos de pequenas vilas non coñeciamos filmotecas nin festivais, e o noso contacto coa versión orixinal reducíase a unhas poucas sesións de madrugada nalgunhas canles de televisión.... Ler máis