MATTHIAS MÜLLER E O CINEMA DE APROPIACIÓN

Ao referirnos ao cinema de apropiación, é necesario “diferenciar entre exploración e explotación”. Con esta elocuente e perspicaz distinción finalizaba Matthias Müller a conferencia que ofreceu o pasado 4 de novembro na xornada inaugural do Xperimenta ’11, celebrado no CCCB. Este relatorio foi a primeira parte dun programa dobre titulado, agudamente, Thieves Like Me, e na que o prestixioso artista audiovisual alemán realizou un ilustrativo itinerario pola historia... Ler máis

ENTREVISTA A BILL MORRISON

«OS FILMES DESCOMPÓÑENSE, PERO AS IDEAS SEGUEN IMPRESAS NELES» ·  Bill Morrison, un dos grandes do cinema experimental contemporáneo (moitos consideran o seu filme Decasia a obra mestra das películas de vangarda), visitou o CGAI a inicios de outubro, como adianto da programación da IV Mostra de Ciencia e Cinema (do 24 ao 28 de outubro, na Coruña). Alí presentou Spark of Being, adaptación do Frankenstein de Mary Shelley a partires de metraxe de arquivo, xunto a unha... Ler máis

O XIGANTE DA CAPITAL

O Festival Documenta Madrid forma sen dúbida, canda o Punto de Vista de Pamplona e o Doc Lisboa, a tríada de grandes acontecementos documentários da península, co permiso do Play-Doc galego. Ese circuíto, que se amplía cara Europa co FID Marseille, o Cinéma du Réel de Paris e a Viennale entroutros eventos, dálle visibilidade cada tempada a un feixe de títulos que permiten repensar a relación entre o cinema e o real amais de rescatar un canon sempre fuxidío: de non... Ler máis

PASOLINI, A CIRURXÍA DA SÚA PROPIA VIDA

Pier Paolo Pasolini (Bolonia, 1922 – Ostia, 1975) está considerado como un pioneiro á hora de empregar a linguaxe cinematográfica para desenvolver obras de pensamento e non de ficción. Nos seus appunti, filmes que reflexionan sobre como facer un filme, o director italiano móvese, coa súa cámara, no terreo do ensaio. Porén, esa fonda introspección sobre o seu propio traballo, coma a dun cirurxián que estuda a un paciente, é anterior aos Appunti per un film sull’India,... Ler máis