OF THE NORTH, de Dominic Gagnon

Novos Camiños para o Documental Etnográfico of the North, escrita coa primeira vogal en minúscula, como é expreso desexo do seu autor, aparece como un título mutilado por necesidade. Xa transcorreron 93 anos dende que Robert J. Flaherty emprendeu aquela viaxe épica partindo de Toronto cara os confíns do Círculo Polar Ártico para retratar a primitiva loita diaria contra os elementos de Nanook of the North (1922). As súas imaxes, unha vez convertidas en emblema e parte... Ler máis

CURTAS 2015: BENDITO EXPERIMENTAL

Comentabamos da edición do pasado ano de Curtas Vila do Conde que, se ben se podían atopar bos títulos na selección, ás veces a liña divisoria entre a sección internacional e a experimental era moi fina, cando non bailaban as propostas dun compartimento ao outro sen unha grande definición. Cuestión corrixida nunha edición de 2015 que destacou precisamente por contar cunha selección de curtas experimentais de grandísima calidade. Deixando de lado as películas máis... Ler máis

PLAY-DOC 2015: O ANO DO CELULOIDE DOMÉSTICO

Hai uns meses fixen un curso práctico de Super 8, máis pola nostalxia que pola súa utilidade práctica, malia que considero que o formato aínda dá moito xogo. Na miña casa nunca tivemos cámara, e sempre ollei con envexa os filmes caseiros dos demais, fascinada polas imaxes, o son do proxector e a experiencia mesma do visionado. De feito, os que me rodean non entendían moi ben a que viña isto de facer un obradoiro de Super 8 agora, que o HD está o alcance de tod@s, e... Ler máis

PLAY-DOC 2015: ESPAZOS FALADOS E PAREDES INVISÍBEIS

Dúas tendencias aparecen na última edición do Festival Play-Doc como síntomas dun escenario cambiante. Onde o ano pasado atopábamos filmes marcados por un forte compoñente contemplativo –Costa da Morte (Lois Patiño, 2013), Manakamana (Stephanie Spray & Pacho Vélez, 2013) ou mesmo Szapito (Bodgan Dziworski, 1984)– nesta edición xorden pola contra dúas tendencias diferentes como constantes: a voz como unidade espacial e o derrube sistemático da cuarta parede.... Ler máis

PUNTO DE VISTA 2015: UNHA ILLA EN TERRA FIRME

A 9ª edición do Festival Punto de Vista estreaba nova sede, Baluarte, e novo director artístico, o xornalista e cineasta Oskar Alegría. O cambio de espazo non mudou a xeografía do certame, xa que a situación das salas na cidade era practicamente a mesma, mais si que significou gañar en acústica (grazas ás paredes de madeira) e perder en imaxe (por culpa dunhas pantallas cheas de engurras, puntos e raias), aínda que ao final o verdadeiro problema foi de comodidade:... Ler máis

PORTO/POST/DOC: NOVA CHINCHETA NO MAPA DE FESTIVAIS

Nace un novo festival de documentais en Porto, e exclama orgulloso: “As nosas historias son reais”. En efecto. Esta é unha declaración de intencións para os cinéfilos e os profesionais do sector, que nos desprazamos ata a cidade lusa para gozar dunha semana de bo cinema do real, de “postdocumentários”, un termo que, semella, o certame quere asentar. A estratexia conceptual é ben interesante, vista a insistencia do festival, a través das súas actividades e na meirande... Ler máis

REDEMPTION, de Miguel Gomes

Segunda oportunidade “Precísase paciencia para escoitar unha historia. Se non, só pagaría a pena contar o principio e o final”. Este razoamento dun dos protagonistas de A Cara que Mereces (2004), primeiro filme de Miguel Gomes, demostrou ser unha clave fundamental para entender as preocupacións narrativas do director portugués ao longo da súa filmografía. Con tres longametraxes rematadas e media ducia de curtas, Gomes especializouse en relatos con desenvolvementos... Ler máis

“PÓDESE HABITAR NA IMAXE” ENTREVISTA CON MARÍA CAÑAS

Os pasados festivais de Sevilla e Mar del Plata adicáronlle unha retrospectiva completa á obra de María Cañas (Sevilla, 1972), unha das creadoras máis inquedas do panorama audiovisual actual. Os seus traballos sitúanse a medio camiño entre o videoarte e o cinema de metraxe atopada, a parodia e o documentário, ou mesmo entre a teoría e a práctica, xa que non hai ninguén mellor ca ela para reflexionar sobre as súas propias creacións, xa sexa en palabras ou en imaxes.... Ler máis

CINEMA PORTUGUÉS, O PODER DO IMAXINARIO

O cinema portugués volve estar de xira neste outono polo estado español, percorrendo festivais e filmotecas xa que non atopa acomodo nas salas comerciais: hai unhas semanas, un mesmo ciclo con diferentes programas comezou a súa andaina no Festival de Cinema Europeo de Sevilla para instalarse despois nas pantallas do Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI), do Instituto Valenciano do Audiovisual e da Cinematografía (IVAC) e da Filmoteca de Cantabria. Moitos dos seus títulos... Ler máis

DOC LISBOA 2013 (2/2): UN DIARIO TÁCTIL

A segunda grande tendencia do Doc Lisboa 2013 (primeira crónica aquí) foi o diario filmado. O vencedor desta edición, Joaquim Pinto e a súa E Agora? Lembra-me (2013) estaba na boca de todos, para ben ou para mal, pois esta longa do mítico deseñador de son, ante todo, non deixa indiferente. Ao longo de algo máis de dúas horas e media, Pinto analiza todos os costados da súa experiencia co sida, e como iso impacta na súa vida persoal, especialmente na relación de parella.... Ler máis