SAN SEBASTIÁN 2016 (III): RESUMO E CRÓNICA FINAL (1/2)

Asistir por quinta vez consecutiva a un festival implica coñecer de antemán os mecanismos do mesmo. Xa non resulta ningún secreto que o único certame nacional de Categoría A, en cuxa programación se dan cita tantos acertos coma sensabores, acomodouse nunha liña que lle permite repetir cada mes de setembro unha tónica coñecida de sobra polos seus asiduos: algunha das mellores películas do ano rebotadas doutros festivais –principalmente Cannes-, os descubrimentos puntuais... Ler máis

SAN SEBASTIÁN 2016 (II): FERMOSA XUVENTUDE

Boa parte das divisións que xurdiron no recente Festival de San Sebastián contaron coa xuventude como pilar dos seus debates. A presencia no certame dun Xurado Xoven numeroso e heteroxéneo, cuxas puntuacións delatan unha ausencia xeral de aprecio cara o cine arriscado ou con certo carácter de búsqueda -títulos variopintos como La idea de un lago, Summer Lights ou La larga noche de Francisco Sanctis apenas sobrepasaron o seu aprobado- en beneficio dunha serie de filmes... Ler máis

POLÍTICO, POÉTICO, CRIMINAL

Abriuse oficialmente esta sétima edición de Punto de Vista, Festival Internacional de Cine Documental de Navarra, coa presencia do cineasta francés Nicolas Philibert arroupando a presentación en España do seu último filme, Nénette. Durante a súa introdución, Philibert deixounos unha observación que nos vai a acompañar coma un mantra ao longo destas liñas (crónica desigual e subxectiva, irremediablemente incompleta, do visto, ouvido e sentido durante pouco máis ou... Ler máis