SEFF 2018: LAS NUEVAS OLAS

Festival de Sevilla significa Las Nuevas Olas. Esta sección é o tradicional lugar de refuxio para aquelas películas arriscadas e innovadoras, as que se atreven a cruzar os límites do cinema para trazar camiños aínda non descubertos ou dinamitar polos aires o que xa existe. Ser público desta sección supón abrir os ollos e deixarnos levar polos filmes, xulgándoos só cando varios días permitan que o noso xuízo repouse e analice o visto. Os primeiros impulsos poden levar... Ler máis

CALL ME BY YOUR NAME, de Luca Guadagnino

Existe un subxénero tan amplo de películas sobre amores adolescentes de verán que a temática debería ter categoría propia no pescudador de Filmaffinity. Por riba, dentro dese inxente corpus, a variante “espertar sexual na campiña italiana” debe ser unha das máis populares, pois poucos marcos haberá máis bucólicos para un idilio iniciático cás exuberantes paisaxes lombardesas ou toscanas bañadas pola cálida luz estival. Xa que logo, era preciso rodar unha nova... Ler máis