20 ANOS DE FIRE!!

A Mostra Internacional de Cinema Gai i Lesbià de Barcelona cumpre vinte anos. FIRE!! é o primeiro festival de temática LGBT de Catalunya, creado polo Casal Lambda en 1995. Trátase dun encontro internacional destacado entre os festivais de cinema barceloneses coma no circuíto LGBT mundial. Vinte longametraxes de estrea, outras tantas curtametraxes, unhas bases de participación abertas, e un trato cara o público considerado, positivo e respectuoso, son algúns dos selos... Ler máis

PRIDE, de Matthew Warchus

Da industria audiovisual británica podería aprenderse moito neste país. Empezando polo seu modelo de televisión pública de prestixio, ou a súa forma de subvencionar proxectos cos fondos da lotería, pero tampouco vaiamos aspirar a imposibles. Sinxelamente, hai pequenas leccións que se podían sacar vendo como fan as cousas por alí. Por exemplo, como montar un blockbuster digno. Por estes lares seica unhas cantas brincadeiras sobre estereotipos rexionais son abondo para... Ler máis