Théo Court: “A cámara fainos reflexionar sobre a nosa posición de testemuñas ausentes”

© Elamedia Estudios Tras meses afeitas á mediación a través de pantallas, entrevistámonos con Théo Court mediante videochamada para charlar sobre a súa segunda película, Blanco en blanco (2019). A cinta levouse dous premios FIPRESCI: un na Sección Orizzonti do Festival de Venecia -onde o realizador se alzou tamén co premio a mellor director- e o outro no Festival da Habana. En España, a película pasou polo Festival de Xixón e o 31 de xullo chega por fin aos cines... Ler máis

L’IMAGE MANQUANTE, de Rithy Panh

Desque os Khmers Vermellos tomaron o control de Cambodia o 17 de abril de 1975, a vida do director Rithy Panh estivo marcada polo pasado e a actualidade do seu país natal. Documentalista tenaz, certeiro e renovador, Panh desenvolveu ao longo dos seus máis de vinte anos de traxectoria profesional unha ollada inquisitiva cara ao trauma e a súa posíbel representación fronte á cámara. Debedor do exhaustivo traballo de Claude Lanzmann en Shoah (1985), o interese do cambodiano... Ler máis

TRAUMATISMO CINEMATOGRÁFICO

Todos estamos traumatizados, dun xeito ou doutro, con máis ou menos motivos. Todos sufrimos algunha desgraza, desgusto ou mala experiencia que nos deixou unha fonda pegada. No mellor dos casos, o trauma fica gardado no noso inconsciente como unha mala lembranza, como unha peza máis da nosa identidade; mais no peor, o trauma emerxe unha e outra vez, fóra de control e de contexto, até converternos nalguén que, como dicían na miña aldea, ‘está mal dos nervios’.... Ler máis

THE ACT OF KILLING, de Joshua Oppenheimer, Christine Cynn & Anonymous

Masacre. Ficción. Catarse “This is not fake! This is not fake!”. Unha voz traspasa a pantalla mentres o espectador contempla unha primeira escena desconcertante que máis ben semella inspirada nun anuncio publicitario kitsch ou nunha epopea de Bollywood: unhas bailarinas de estilo balinés danzan baixo unha onírica fervenza acompañando os arrítmicos movementos dun ancián cunha túnica negra e un home travestido embutido nun traxe de abelorios azul eléctrico. O fake... Ler máis