LIPOVETSKY ET TRUFFAUT: SOBRE A LIXEIREZA E A FELICIDADE

As veces atopámonos en momentos existencialistas ao longo das nosas vidas, momentos onde cuestionamos o sentido e o funcionamento de todo, do ser humano, da existencia e da vida. Últimamente esas cuestións están a resoar forte na miña cabeza. Cando unha persoa consegue satisfacer as súas necesidades básicas, dentro do suposto estado de benestar no que vivimos, o que agora busca é a felicidade, quere gozar, e ese goce non se atopa fora, está en nos mesmos. A felicidade... Ler máis

CALIGRAFÍAS CINEMATOGRÁFICAS

Os préstamos, alusións, citas, plaxios ou chiscaledas hiperconscientes a outras imaxes son xa unha constante do audiovisual contemporáneo, sexa este postmoderno ou hipermoderno (deixémoslle esa leria a xente como Fredric Jameson e Gilles Lipovetsky). Pode ocorrer en calquera intre, na intimidade da sala de cinema ou do salón doméstico, mergullados nun filme ou vendo de esguello un anuncio publicitario: unha imaxe, esa imaxe, estoupa na nosa memoria e de súpeto a recoñecemos.... Ler máis