DHOGS, de Andrés Goteira

Din que unha xeración dura quince anos, pero canto dura unha xeración cinematográfica? Moitas veces, desde a crítica e a academia, trátase de poñer etiquetas a todo o que vemos, especialmente se iso que vemos é algo que escapa do cotián. Así, xorde con Dhogs, e con outros filmes que coetáneos, a tentación de outorgarlle un nome a estes creadores ao igual que se fixo coa xeración do Novo Cinema Galego. Mais, acaso hai un cambio de xeración? Se ben é innegable que... Ler máis

ZOMBIES, CINÉFILOS E OUTRAS BESTAS – SITGES 2011

Hai tres anos que acudo como crítico ao festival de Sitges. Nestes tres anos, podo asegurar que ningún outro certame se lle parece. Nesta vila barcelonesa dáse cada outubro unha festa de cinema sen igual. A xente de Barcelona chega a Sitges desexosa de ver cinema, pero tamén de pasalo ben. Rir, gritar, aplaudir e incluso comentar as películas en directo con toda a sala. Para os críticos, moitas veces é unha experiencia frustrante non poder concentrarse no filme e ter que... Ler máis