Camborda x Enciso (I)
Como reflectindo a realidade cinematográfica deste ano, Novos Cinemas abre e pecha a súa IV edición coas proxeccións de Arima e Longa Noite, dúas longametraxes galegas que se unen ao ano que, con permiso de 2010, será o ano do cinema galego. Aproveitando esta coincidencia na cita pontevedresa, Jaione Camborda e Eloy Enciso volven ao estudo de Sar onde as dúas películas empezáronse a xestar para conversar sobre o proceso de creación. Eloy Enciso: Faime moita ilusión... Ler máis
KIDLAT TAHIMIK: “SON UN CONTADOR DE HISTORIAS CON MOITAS IDEAS QUE QUERO CONTAR”
Fotografía: Tamara de la Fuente Kidlat Tahimik (Baguio, 1942), considerado o pai do cinema independente filipino, foi un dos grandes convidados do XV Festival Internacional de Cinema Play-Doc. O seu cinema, sempre cargado dunha forte crítica ao capitalismo e ao colonialismo, aproveita as ferramentas do humor para cambiar o mundo. O seu carácter, fai xustiza ao seu cinema. Mentres fala, intercala anécdotas e bromas nun discurso que se abanea entre o inglés e o castelán (as... Ler máis
SHOPLIFTERS, de Hirokazu Koreeda
A TRANSMISIÓN FRONTE AOS LAZOS DE SANGUE O último de Koreeda, 万引き家族 (Un asunto de familia, 2018), sitúanos moi rapidamente nun núcleo familiar algo distinto ao das acomodadas películas recentes do nipón. O fácil sería dicir que bebe do neorrealismo italiano, pois estamos a falar dun grupo que vive de pequenos furtos para sobrevivir e de traballos esporádicos, mais penso que estariamos equivocados, pois a historia do xaponés ten un ton que se irmanda máis... Ler máis
HONG SANG-SOO: “ADORO A LIBERDADE DE QUE CADA TOMA SEXA DISTINTA”
Hong Sang-soo (Seúl, 1960) converteuse nos últimos vinte anos nun dos autores surcoreanos máis importantes do momento, e pode que o que máis teña influenciado os cineastas independentes de todo o mundo. Lonxe da estilización doutros coetáneos como Bong Joon-ho ou Park Chan-wook, o creador de Tale of Cinema (2005) caracterizouse máis ben por un estilo sobrio e por xoguetonas tramas que se constrúen na rodaxe, sen guión, ámbito onde a súa influencia máis se deixa notar.... Ler máis
BUSÁN 2014 (II/II): LEE KWANG-KUK, DISCÍPULO DE HONG SANG-SOO
Primeira parte desta crónica aquí. __________ A marabillosa 경주 (Gyeongju, 2014) do director chino-coreano Lu Zhang leva o nome e está situada na cidade coreana de Gyeongju, un dos sitios que máis monumentos e tumbas ten en Corea. Facendo desta omnipresencia da Historia o escenario deste drama persoal, a cidade e estes personaxes atópanse nun punto intermedio entre o pasado e o presente, a vida e a morte, entre os vivos e os mortos: os visibles e os outros, cuxa presenza... Ler máis
MAGICAL GIRL, de Carlos Vermut
A BELEZA, A PERVERSIÓN E O SER HUMANO Cando comezou o pase de prensa no Teatro Principal de Donostia non sei cantos xornalistas agardaban a revelación que supuxo Magical Girl. Penso que poucos. Algúns iamos en plena resaca de Eden (Mia Hansen-Løve, 2014), e malia que Magical Girl prometía non decepcionar, semellaba difícil manter tan entretido ao público durante dúas horas. Logo esas dúas horas resultaron ser moi curtas, porque Magical Girl envolve, desata... Ler máis
25 AÑOS DEL HUBERT BALS FUND
El origen del Hubert Bals Fund (HBF), el fondo de ayuda a proyectos cinematográficos del International Film Festival Rotterdam (Países Bajos) se remonta a una conversación mantenida en Cannes en 1988 entre el fundador del certamen holandés, Hubert ‘Huub’ Bals, y Chen Kaige. En ella el realizador chino, que por aquel entonces estaba estrenando su película El rey de los niños (1987), daba cuenta de los problemas a los que se estaba enfrentando para conseguir financiar... Ler máis
EM LISBOA, O INDIE MÉTESE NA PRODUCIÓN
O Indie Lisboa decidiu este ano poñer en marcha a produción dun filme, Em Lisboa, rodado na cidade por catro cineastas moi próximos ao festival: Denis Côté, Dominga Sotomayor, Marie Losier e Gabriel Abrantes. A película proxectarase na gala inaugural da vindeira edición. Miguel Valverde, o co-director do certame, desvélanos os detalles da súa xoia da coroa. Como se concibe Em Lisboa? Nós tiñamos a idea, cando comezamos a pensar no proxecto, de que a celebración do... Ler máis
PLAY-DOC 2014: UNA CIERTA TENDENCIA DEL CINE DOCUMENTAL
Durante el primer fin de semana de abril, pudimos disfrutar en Tui de una nueva edición del Festival Internacional de Documentales que se celebra en la localidad desde 2004. Son ya diez años con la presencia en Galicia de algunos de los mejores documentales nacionales e internacionales, y la ocasión se celebró -no podía ser de otro modo- con cine: inaugurando la Sala 2, y con la proyección de las películas más destacadas de estos diez años de historia. Este recorrido... Ler máis
Procesos #19 – Isaki Lacuesta
O pasado mes de outubro, tivo lugar a primeira edición de CoruñaFilm. O centro Ágora, da cidade herculina, reuniu a un grupo diverso de profesionais do audiovisual, ao redor dun conxunto de charlas e cursos de afán formativo, que pretenden tamén ser punto de encontro e intercambio de ideas para creadores. Entre os asistentes, estivo Isaki Lacuesta, para rodar unha curtametraxe en 36 horas, cun equipo técnico e artístico escollido dun casting previo á celebración do evento.... Ler máis