O MASH UP NO VÍDEO-ENSAIO, UNHA FERRAMENTA DE ANÁLISE SUBXECTIVA

Le este artigo na súa versión orixinal en portugués. TRANSFORMERS: THE PREMAKE (a desktop documentary) (Kevin B. Lee, 2014) Ao longo deste artigo intentarei reflexionar sobre as posibilidades do vídeo-ensaio na súa relación co cinema found footage e de apropiación de imaxes, tanto nas estratexias formais como, sobre todo, nas intencións poéticas e metafóricas. En particular, centrareime na relación cos obxectos fílmicos dende o punto de vista romántico da ruína... Ler máis

KEDI, de Ceyda Torun

Vén, belo gato, ao meu amoroso peito; retén as unllas da túa pata, e deixa que me afunda nos teu ollos fermosos Charles Baudelaire – As flores do mal A cotío pregúntome, para ver, quen son; e quen son no momento en que, sorprendido, en silencio, pola mirada dun animal, por exemplo, os ollos dun gato […] Jacques Derrida – O animal que logo estou se(gui)ndo   Dúas linaxes de felinos conviven no panorama audiovisual contemporáneo. O primeiro provén de ilustres gatos... Ler máis

A MEMORIA DOS LUGARES. PATRICK KEILLER E O DOCUMENTÁRIO PSICOXEOGRÁFICO

A proxección da recente Robinson in Ruins no Festival Punto de Vista trouxo ás pantallas estatais unha pequena mostra dos documentários psicoxeográficos do británico Patrick Keiller: unha oportunidade para achegarse a un cinema capaz de retratar o tempo a través do espazo. 'Robinson in Ruins' sae á procura da identidade inglesa a través da paisaxe Hai lugares onde se pode percibir o paso do tempo só con mirar para eles, lugares onde a historia pode emerxer tanto... Ler máis