THE FUTURE, de Miranda July

A traxectoria de Miranda July atravesa neste momento un período delicado. A súa estrea de masas no desapiadado mundo do celuloide, lembremos, foi fulgurante: a súa primeira longametraxe, Me and You and Everyone We Know(2005), estreouse a escala mundial no festival de Cannes, onde obtivo a prezada Cámara de Ouro á mellor ópera prima e eloxios de case todos os sectores da crítica polo seu concienciudo traballo estético, a súa delicadeza, a súa atención ao detalle e o... Ler máis

Crónica 22 de novembro

“Nos debuxos animados, na demolición dun edificio, hai un instante no que a bóla toca a parede e o inmoble aínda está en pé, pero non podemos facer nada contra o derrubamento. É inevitable. Agora estamos nese momento”. Son as palabras do personaxe de Hamish Linklater en The Future, que, como diciamos onte, non é boa, pero deixa caer algunha polo camiño. Estas liñas poderían resumir a dirección que está a debuxar o programa do FIC Xixón 2011. Se Nicolas Klotz... Ler máis