KIM JEE-WOON: A VERSATILIDADE DO PATETISMO

– “Tiveches un pesadelo?“ – “Non“ – “Tiveches un soño triste?“ – “Non“, dixo o discípulo – “Tiven un soño agradable“ – “Entón, por que choras?” O discípulo respondeu con calma mentres secaba as súas bágoas: -“Porque o soño que tiven non pode facerse realidade?” A Bittersweet Life Director e guionista ecléctico, dispar e audaz, Kim Jee-woon podería ser catalogado... Ler máis

O HAN NO CINEMA SURCOREANO

Ban Ki-Moon a ritmo de Gangnam Style, os omnipresentes móbiles Samsung, a incipiente presenza do kimchi nos bufetes asiáticos, a ameaza de guerra nuclear de Kim Yong-un… Como rezaba a reportaxe central de El País Semanal do pasado 8 de setembro: “Corea del Sur. La próxima invasión”. O cinéfilo ri co titular, porque iso de que a cultura popular do país non estivera moi presente ata agora no noso, como que non é moi exacto1. 2003: Memories of Murder (Bong Joon-ho)... Ler máis