SAN SEBASTIÁN 2019: A CABALO GAÑADOR

I. Regresar un ano máis ao Festival de San Sebastián, aínda que sexa por uns días e por tanto coa visión parcial do mesmo que impregnará estas liñas, supón para o que as asina reencontrarse con certa idea iniciática do cinema. Por moito que a bagaxe asúmase moito maior, e a programación sexa máis heteroxénea que a comezos da década, moi reforzada polo sopro de aire fresco que trouxo consigo a apertura de Tabakalera, as sensacións que espertan as maratóns á beira... Ler máis

DE PERIFERIAS E LINGUAS

Parte da equipa do filme Doentes no Festival de Málaga Hai uns anos, saíndo do pase de prensa de Doentes, de Gustavo Balza, no Festival de Málaga recollín unha conversa allea entre compañeiros xornalistas na que falaban de aquilo que eles calificaban como o “cine autonómico”. Doentes rodouse en galego, como era lóxico adaptando o texto de Vidal Bolaño, e eles amosábanse algo indignados ante aquela afrenta de ter que ver un filme que non estivera en castelán dentro... Ler máis

SAN SEBASTIÁN 2017 (II): SECCIÓN OFICIAL

No artigo previo xa advertimos o síntoma de melloría ofrecido pola selección oficial de San Sebastián. Durante esta edición, a meirande parte de filmes a concurso que tivemos ocasión de ver –13 de 17–, se ben en moitas ocasións resultaron sen erradas, ofrecían unha razón de ser alén do seu molde: por momentos, breves pero intensos, ata pareceron lonxanos os días nos que Sección Oficial era aquela que menos garantías ofrecía de toda a programación, confeccionada... Ler máis