“O OBXECTIVO DO CINEMA É ACHEGARSE Á BELEZA”

Read here in English 点击进入中文版 O chinés He Yuan, gañador do Gran Premio Punto de Vista 2013 polo seu filme Apuda, ofrécenos con esta película un sentido retrato da China rural, a través da relación dun fillo co seu pai moribundo. A cinta, na súa observación pausada, segue as pautas do Novo Documental Chinés clásico, mais na súa vertente estética sepárase do movemento, adquirindo unha vea pictórica destacable. Sobre este tema centramos a conversa mantida... Ler máis

A ESTÉTICA DA CONTRADICIÓN

A historia máis recente do cine chinés pasa pola definición de dúas xeracións posteriores á Gran Revolución Cultural do 1966. Despois de permanecer pechada durante máis de dez anos, a Academia de Cinema de Pequín reabre as súas portas no 1978. Foi daquela cando polos seus corredoiros camiñaban homes que marcarían o porvir da produción cinematográfica da nación do dragón durmido: Chen Kaige e Zhang Yimou. Eles serían os precursores da chamada Quinta Xeración,... Ler máis