CANNES DÍA 8: UNHA VOLTA AO CINEMA SOCIAL

É moi habitual ver cinema de tipo social na Croisette. O que non é tan común é que coincidan uns pesos pesados coma os irmáns Dardenne e ao tempo apareza Kleber Mendonça Filho con Aquarius (2016), ascendendo coma un dos grandes nomes do cinema de América Latina. O brasileiro confirma as expectativas depositadas nel logo da súa ópera prima en Rotterdam, O Som Ao Redor (2012), que xa reflexionaba sobre os cambios urbanísticos en Brasil cunha concepción do espazo e do... Ler máis

O CINEMA FRANCÉS PON FACE Á CRISE

Aos seus cincuenta e un anos, Thierry (Vincent Lindon) leva vinte meses en paro. En La loi du marché (Stéphane Brizé, 2015) acompañámolo na súa procura de emprego e nos seus esforzos por manter unha vida familiar malia as circunstancias. Cando por fin aparece o traballo, é para desvelar un mundo laboral rexido polo medo: a ameaza constante do paro pon a proba non só a competencia do traballador, senón os límites da súa ética. Thierry descubrirá así que a súa función... Ler máis