MAD MAX. FURY ROAD, de George Miller

Sede testemuñas. Poucas veces un filme apaña semellante consenso. Pasou con Boyhood (Richard Linklater, 2014) hai un ano, e pasa agora con Mad Max. Fury Road (George Miller, 2015): saltou dun gran festival (Cannes) ás pantallas de medio mundo, e dende aló ás listaxes dos críticos (Cahiers du Cinéma, Sight & Sound, Film Comment, Caimán. Cuadernos de Cine, A Cuarta Parede, etc) e á tempada de premios (Oscar, Bafta, Globos de Ouro, Critic’s Choice, etc). Todos de... Ler máis

LONDON FILM FESTIVAL 2014 (I / III): RETRATO DESTAS GUERRAS

O conflito bélico, nas súas distintas magnitudes, estivo moi presente na edición 2014 do London Film Festival. Non é que este feito nos sorprenda, posto que o cinema, en moitos casos, convértese nunha plataforma de denuncia e de representación dunha realidade que por cuestións xeográficas, históricas, económicas ou políticas non chega até nós. Este foi o caso, por exemplo, do filme gañador na sección oficial documental, Silvered Water, Syria Self-Portrait (Ossama... Ler máis