CURTOCIRCUÍTO 2018: ROBERTO MINERVINI, A VIDA NAS MARXES

“I wonder how many people I’ve looked at all my life and never seen.”  ― John Steinbeck, The Winter of Our Discontent Seguindo o ronsel de grandes nomes do cinema mundial como Teddy Williams, Sergei Loznitsa ou Jørgen Leth, a 15º edición do Festival Internacional Curtocircuíto, que se celebra en Santiago de Compostela do 29 de setembro ao 7 de outubro, adica unha das súas retrospectivas ao realizador italiano Roberto Minervini (Fermo, 1970). Coñecido principalmente... Ler máis

UN LUSTRO DE CINEMA

Vaites, manda truco: preguntamos aos nosos colaboradores cal é o mellor filme do lustro e van e elixen Boyhood (Richard Linklater, 2014), un título deste ano, antes mesmo de que publiquemos a escolma do mellor do ano. Porén, Boyhood é un filme tanto de 2014 como de 2010, ou mesmo de 2005, posto que Richard Linklater botou doce anos filmando a vida de Mason / Ellar Coltrane. Dende esta perspectiva, Boyhood ben pode ser o mellor filme do lustro, do século, do milenio! Hipérboles... Ler máis