PROCESOS 8: LOW LIFE, PRIMA DELLA RIVOLUZIONE

Non é habitual nesta sección explicar a proposta (isto é, falar das pegadas autorais de cada realizador/a a partires dun xogo en vídeo coas súas formas), pois entendemos que o lector saberá decodificar o exercicio. Porén, este é un caso especial, ao tratarse da primeira vez que contamos cun tándem artístico, que ademais non é galego. Non hai a entrevista habitual, e si unha crítica que pretende defender un filme polo xeral deostado e que dende A Cuarta Parede consideramos... Ler máis

ENTREVISTA A BILL MORRISON

“OS FILMES DESCOMPÓÑENSE, PERO AS IDEAS SEGUEN IMPRESAS NELES” ·  Bill Morrison, un dos grandes do cinema experimental contemporáneo (moitos consideran o seu filme Decasia a obra mestra das películas de vangarda), visitou o CGAI a inicios de outubro, como adianto da programación da IV Mostra de Ciencia e Cinema (do 24 ao 28 de outubro, na Coruña). Alí presentou Spark of Being, adaptación do Frankenstein de Mary Shelley a partires de metraxe de arquivo,... Ler máis