ÁLVARO GAGO (II/II): “É MOI DIFÍCIL FACER ALGO NOVO; TODO O QUE FACEMOS É COPIAR”
(Vén de aquí) Falabamos dos momentos nos que os actores entran nesas zonas escuras da súa mente durante o proceso da interpretación. Como dirixías ti estes momentos? Francisca e máis eu tiñamos todo ensaiado e compartiamos unha linguaxe común. Se lle tiña que dicir algo, dicíallo baixiño. Cando algo non funcionaba con algún deses momentos-da-súa-vida aos que eu lle facía referencia, probabamos con outra cousa. Sempre, con poucas palabras e de forma moi directa.... Ler máis
8ª MOSTRA DE CINEMA PERIFÉRICO (S8): CAMIÑOS DO CINEMA GALEGO
Entre a resaca de festivais coma Cannes e o parón do verán nas citas cinéfilas, Coruña segue fiel á súa cita co cinema experimental. A Mostra de Cinema Periférico (S8) goza dun estado de moi boa saúde, como as súas cifras de asistencia poden amosar. E é que acadar un 90% de asistencia durante unha semana de proxeccións é un síntoma de que a liña de programación capitaneada por Ángel Rueda e Elena Duque chega a un público aberto a todas as expresións do cinema... Ler máis