FOXCATCHER, de Bennett Miller

Adestrando raposos É común que pasen pola carteleira filmes que se alzan como un punto de inflexión na filmografía dun cineasta mediocre até o momento ou dun actor de rexistros limitados. A listaxe de exemplos sería inacabábel. Máis difícil sería atopar obras que supuxesen unha considerábel mellora tanto para o seu director como para parte do elenco, todo á vez e Foxcatcher (Bennett Miller, 2014) entraría de cheo dentro dese pequeno inventario. O propio Bennett Miller... Ler máis

O FENÓMENO DO CRUISING NO AUDIOVISUAL RECENTE

Como ocorre con cada termo que ten a súa orixe no argot ou no slang, custa definir con precisión en que consiste o fenómeno do cruising, mais basicamente supón buscar e practicar sexo con descoñecidos en lugares públicos. Nun principio, estes lugares eran espazos ao aire libre como parques e praias, pero paseniñamente a definición tamén comezou a abarcar urinarios e locais específicos pensados para iso, como as saunas e os bares con cuarto escuro. É un fenómeno que... Ler máis

PELO MALO, de Mariana Rondón

Ultimamente, as circunstancias xeopolíticas e as tendencias mediáticas ditan que toca falar de Venezuela, e non de Colombia. A pena é que se fala moito pero se di pouco; o debate fica en meras charabiscas e titulares sobre se a poboación non ten papel hixiénico ou se a Maduro se lle aparece un paxariño, mais sen chegar a analizar o chavismo e a súa herdanza en profundidade. E tamén amola que a maioría das opinións que consumamos sexan en realidade visións dende aquí... Ler máis

DALLAS BUYERS CLUB, de Jean-Marc Vallée

Nada hai que guste máis a público e crítica que o papel do antiheroe social, epítome de todos os vicios, que se converte na liña torcida que consegue que a historia teña un final recto. A cinematografía está repleta de tales personaxes que fan memorables películas que, nun principio, non pasarían aos anais da sétima arte. Este podería ser o caso de Dallas Buyers Club (Jean-Marc Vallée, 2013), un filme de produción independente que por modesto e minimalista non pasaría... Ler máis

UNHA REFLEXIÓN HOMOCÉNTRICA SOBRE WEEKEND

Para preparar a folla de sala da proxección de Weekend (Andrew Haigh, 2011) este último outono no Cineclube Padre Feijóo de Ourense, estiven a consultar diversas entrevistas que lle fixeron ao seu director na procura de contidos interesantes. Acabou por chamarme a atención que en case todas elas, ademais das habituais preguntas que adoitan repetirse en xiras promocionais (declaracións de intencións, detalles técnicos e demais anécdotas da rodaxe), moitos entrevistadores... Ler máis

L’INCONNU DU LAC, de Alain Guiraudie

SEN MEDO Á ESCURIDADE Reflexións sobre unha das miñas películas favoritas de 2013 Alain non ten medo a rodar de noite. Alain non ten medo a rodar escenas de sexo explícito entre persoas do mesmo xénero. Alain non ten medo a mostrarse como Deus o trouxo ao mundo na súa película. Alain non ten medo a prescindir da música nun thriller. Alain non ten medo a nada. L’inconnu du lac / O descoñecido do lago tivo a súa premiere mundial na pasada edición do Festival de... Ler máis

LA VIE D’ADÈLE, de Abdellatif Kechiche

Quinta longametraxe do cineasta franco-tunisiano Abdellatif Kechiche, La vie d’Adèle (2013) está baseada na novela gráfica Le bleu est une couleur chaude da debuxante francesa Julie Maroh (2010). Deste relato, porén, o director só toma aquilo que lle interesa, dirixindo a súa atención cara algo completamente diferente: rexeita a militancia homosexual do orixinal para centrarse exclusivamente no espertar sexual de Adèle -Clementine na novela gráfica- e nos seus... Ler máis

UNHA OLLADA MARICA SOBRE FAR FROM HEAVEN

1. Cando a crítica se refire a Far from Heaven (Todd Haynes, 2002), os comentarios adoitan versar sobre a súa posta en escena militantemente postmoderna, que mimetiza e recontextualiza (con ou sen ironía, habería que discutilo) o estilo visual dos melodramas dos anos cincuenta, particularmente os de Douglas Sirk. É certo que Todd Haynes posúe un verdadeiro talento xogando aos pastiches: rabiosas paletas cromáticas imitando o technicolor, técnicas e movementos de cámara... Ler máis