HORS SATAN (2011) de Bruno Dumont

ROSTRO, PAISAXE E MILAGRE Rostro Hors Satan ten unha vinculación evidente con Ordet (1960) de Carl Theodor Dreyer, Teorema (1968) de Pier Paolo Pasolini ou Nostalghia (1983) de Andréi Tarkovski. Case nada. Obras de milagres, profetas e fe. No último filme de Dumont atopamos esas tres cousas. Centrado nun enigmático personaxe, que o cineasta galo retrata coma se fose un novo Zaratrusta; un ermitaño que vive en plena natureza de Pais de Calais á beira do Canal d’A mancha... Ler máis

CANNES? QUE CANNES?

Hai anos en que boa parte dos asistentes ao Festival de Cannes acaban por preguntarse onde estaban as verdadeiras películas independentes. Pasou este. A sección oficial acapárana algúns dos autores máis reputados: Allen, Almodóvar, Malick, Von Trier. Si, mais, até que punto podemos considerar un filme de 30 millóns de dólares unha produción independente, máis cando, antes de comezar o festival, xa está vendido a todo o mundo? Non é só unha cuestión de orzamento,... Ler máis