CON EL VIENTO, de Meritxell Colell

No ano 2017 a nosa cinematografía pivotou sobre o cinema catalán grazas aos debuts de dúas mulleres: Carla Simón co súa multipremiada Estiu 1993 e Elena Martín con Julia ist. Este ano algunhas das propostas máis estimulantes tamén son óperas primas realizadas por mulleres, por exemplo Viaje al cuarto de una madre da sevillana Celia Rico que tivo a súa estrea hai unhas semanas ou agora Con el viento da tamén debutante Meritxell Colell. Lonxe de ser un cúmulo de casualidades,... Ler máis

JONATHAN ROSENBAUM: “OS CINÉFILOS SOMOS COMA UN CLUB SECRETO” (2/2)

Continúa de aquí. Hou Hsiao-Hsien e Françoise Romand Tras este paréntese no cinema mudo, que a moitos nos descolocou un pouco, Rosenbaum usou nos días próximos a identidade como fío condutor, iendo do Thompson máis íntimo á plasmación da comunidade que existe no cinema de Charles Burnett. Detívose na terceira xornada en Hou Hsiao-Hsien e Françoise Romand, dous autores que son como a noite e o día, pero que nas súas películas The Son’s Big Doll (incluída... Ler máis

THE ASSASSIN, de Hou Hsiao-Hsien

Hou Hsiao-hsien volve ao cinema oito anos despois da súa anterior longametraxe. Atendendo á produción do director nestes derradeiros quince anos atopamos puntos de contacto cos filmes anteriores, xa que A asasina (2015) recupera a ambición formal de dúas obras tan pretenciosas como Millennium Mambo (2001) e Tempos de amor, xuventude e liberdade (2005), supón unha homenaxe a unha cinematografía (en principio) allea á súa pero de grande influencia no seu estilo como antes... Ler máis

O MELLOR DE 2015

Presentamos a continuación a nosa listaxe do mellor do ano 2015, obtida das votacións dos nosos colaboradores. As películas que aparecen en primeira posición puntúan dez puntos e van baixando ata un na décima posición. Hai colaboradores que preferiron non establecer orde de preferencia. Nese caso, outórganse cinco puntos a cada filme. No caso de As Mil e Uma Noites de Miguel Gomes, houbo quen preferiu especificar que parte das tres votaba, mais decidimos por motivos prácticos... Ler máis

CINEMA EN CURS

A EXPERIENCIA DA CREACIÓN CINEMATOGRÁFICA NA ESCOLA E O INSTITUTO Cinema en curs é un proxecto de pedagoxía do cine con tres grandes obxectivos: propiciar un descubrimento do cinema polos nenos e novos, explorar as potencias pedagóxicas do cinema na escola e no instituto, e elaborar metodoloxías e propostas de transmisión do cine. Cinema en curs dá xeito a unha pedagoxía do cinema e ao mesmo tempo a unha pedagoxía co cine e a través del. É unha aposta polo cine (e... Ler máis

O CINEMA NO PEIRAO DE MADRID

O SÉTIMO ARTE NO SISTEMA EDUCATIVO ESPAÑOL   A escola, dende sempre, sente horror ao baleiro e ao negativo. É verdade que forma parte da súa vocación ensinar a construír, antes de falar do que actúa ao contracorrente desta construción e que moitas veces é da orde das pulsións de creación (1) . A cuestión da presenza do cinema na escola e a súa transmisión ten múltiples caras e niveis de análise. Nun principio, un pregúntase se o cinema está ben representado,... Ler máis

CATÁLOGO DE PRÁCTICAS AVANZADAS: RESEÑA DE ‘MOVIE MUTATIONS’

Movie Mutations é unha colección de artigos coordinada polo crítico estadounidense Jonathan Rosenbaum e mailo australiano Adrian Martin, editado por primeira vez en inglés no ano 2003. Dende aquela, este volume converteuse nunha referencia obrigada nos estudos sobre cinema porque, á marxe do interese particular dos seus textos, formulaba unha serie de cuestións que actualizaron o debate sobre como ver e pensar as imaxes, fornecendo a críticos, académicos, programadores... Ler máis