IFFR 2019: O CINEMA COMO EXPERIENCIA EMOCIONAL

Sons of Denmark (Ulaa Salim) © IFFR “Celebremos o medio máis emocional que existe, as imaxes, os sons e as historias que apreciamos: o cinema. Cando nos sintamos confundidos, angustiados ou intimidados, tomemos un momento de silencio e volvamos a conectar coa nosa humanidade e as nosas emocións”. Estas foron as palabras de Bero Beyer, director do Festival Internacional de Cine de Róterdam, durante a gala de apertura da 48ª edición do encontro holandés, que se celebrou... Ler máis

RÓTERDAM DÍA 1: DO “NUNCA DIGAS NUNCA” A “SEMPRE HAI UNHA PRIMEIRA VOLTA”

Gustaríame comezar esta crónica falando da miña viaxe, de aeroportos, de malos voos e outros sacrificios persoais polos que o crítico de cinema normalmente ten que pasar para chegar a puntos de encontro onde gozar (ou renegar) de novas e tentadoras propostas audiovisuais, pero non podo. Teño o luxo de vivir aquí. Esta é en efecto esa cidade cosmopolita e moderna da que todo o mundo fala, onde se fusionan unha gran variedade de culturas, de estilos e tendencias. Un modus... Ler máis