DOCUMENTAMADRID 2018: ALEGRÍA NESTA LOITA

“Ser libre é non ter medo”. A cita pertence a Nina Simone e pode escoitarse no breve inserto que abre Tódalas mulleres que coñezo (Xiana do Teixeiro), quizais a película máis pertinente de todas cantas tivemos ocasión de ver durante a decimo quinta edición de DocumentaMadrid. Pero tamén podería servir para ilustrar a filosofía adoptada por un festival que, tras librarse da lousa que lle supuxo no pasado certa vontade absurda de compracer a un sector mal entendido... Ler máis

JONATHAN ROSENBAUM: “OS CINÉFILOS SOMOS COMA UN CLUB SECRETO” (2/2)

Continúa de aquí. Hou Hsiao-Hsien e Françoise Romand Tras este paréntese no cinema mudo, que a moitos nos descolocou un pouco, Rosenbaum usou nos días próximos a identidade como fío condutor, iendo do Thompson máis íntimo á plasmación da comunidade que existe no cinema de Charles Burnett. Detívose na terceira xornada en Hou Hsiao-Hsien e Françoise Romand, dous autores que son como a noite e o día, pero que nas súas películas The Son’s Big Doll (incluída... Ler máis

CATÁLOGO DE PRÁCTICAS AVANZADAS: RESEÑA DE ‘MOVIE MUTATIONS’

Movie Mutations é unha colección de artigos coordinada polo crítico estadounidense Jonathan Rosenbaum e mailo australiano Adrian Martin, editado por primeira vez en inglés no ano 2003. Dende aquela, este volume converteuse nunha referencia obrigada nos estudos sobre cinema porque, á marxe do interese particular dos seus textos, formulaba unha serie de cuestións que actualizaron o debate sobre como ver e pensar as imaxes, fornecendo a críticos, académicos, programadores... Ler máis