PAISAXE E PAISANAXE

Gran plano xeral. Unha figura diminuta atravesa paseniñamente un amplo espazo aberto. Ás veces non é unha figura, senón unha presenza, un obxecto, algo que pasaba por alí, ou algo que xa estaba alí. Esta caste de imaxe, que procede da tradición pictórica romántica, como ben explicou Horacio Muñoz Fernández no seu texto ‘Sobre a obra paisaxística de Lois Patiño‘, é unha constante na historia do cinema, dende Greed (Erich von Stroheim, 1924) até Costa... Ler máis

A CIDADE NO NOVO DOCUMENTAL CHINÉS: MODERNIDADE DIXITAL

A primeira nova que tivemos en Europa de que algo se estaba a mover nos anos 90 no documental chinés foi se cadra a partires do premio acadado por No. 16 Barkhor South Street (Duan Jinchuan, 1996) no prestixioso festival Cinéma du Réel. A irrupción deste filme en Occidente foi só “a punta visible dun poderoso iceberg cuxa violenta deriva viría a conmocionar as supostamente ben cartografadas augas da produción documental dos 90”1. En esencia, cando nós xa estabamos... Ler máis