PROCESOS#16 – ALBERTO GRACIA

O paso de Alberto Graciaipor Róterdam foi fugaz, non porque quedase poucos días na cidade holandesa, senón porque con el o tempo pasa rapidamente. Atopámonos por primeira vez en Cinerama, no primeiro pase da súa película, a “Estrea Mundial”. Todo sexa dito, ao equipo desta pequena produción de 10,000 euros, o titular parécelles un tanto absurdo. Aínda que o “absurdo” é, en palabras de Gracia, o tema central deste “experimento”. Xunto a Alberto chega Felipe... Ler máis

IFFR 2013 (BONUS): GRANDES MESTRES… FUTUROS BRILLANTES

E chegamos ao final. Róterdam é moito máis que a súa Tiger Competition, é un punto de encontro para gozar do mellor cinema que deixa o ano anterior e pór as bases da programación de festivais que van celebrarse no ano en curso (probablemente máis pequenos) que veñen pescar aquí a finais de xaneiro para configurar parte das súas grellas. Ollo, porque non son os únicos. Tamén se achegan á cidade holandesa un bo puñado de distribuidores de prestixio, o que garante... Ler máis

IFFR 2013 (III): SURREALISMO, CRUELDADE E ANARQUÍA… AS CLAVES DO ÉXITO

Cales son as claves do palmarés perfecto? O de Róterdam é un dos festivais máis complicados neste sentido. Aquí non hai un único gañador, non hai premio para o segundo nin mencións especiais do xurado. No certame holandés entréganse tres galardoes idénticos, cada un co mesmo valor económico (15.000 euros). Este ano competiron por un “tigre” un total de 16 películas. Se se me permite dicilo, e se non tamén, moitas delas similares na súa maneira de abordar a... Ler máis

IFFR 2013 (II): MULLERES DESESPERADAS, ADOLESCENTES CURIOSOS

Son moitos os filmes protagonizados por mulleres que compuxeron a grella da Tiger Competition na 42ª edición do Festival Internacional de Cinema de Rotterdam. Longing for the Rain (Chunmeng, Yang Lina e Tian Yi-yang, 2013) conta a historia dunha ama de casa aborrecida polo seu día a día, insatisfeita sexualmente e cansa do benestar do que goza nunha familia acomodada da China contemporánea. Nunha sociedade patriarcal o marido é o que traballa, mentres a muller fica na casa... Ler máis

IFFR 2013 (I/III): O ANO DO BASTARDO

Que queda cando a sala de cinema acende as luces e a película rematou? Normalmente nada. Nada de nada. Notamos esa sensación de que pasamos noventa minutos fronte á pantalla pensando con todas as nosas forzas ao longo de case medio centenar de proxeccións, cansados pola falta de soño e o exceso de todo o demais. E ao final nada. Hai quen din que lles gustaría vivir nunha película, outros prefeririamos vivir nun festival de cinema. O IFFR acende as súas luces e os espectadores... Ler máis