GIMME DANGER, de Jim Jarmusch
John Lurie, Tom Waits, RZA, Iggy Pop. Só con ler estes catro nomes relacionados entre si, a meirande parte de cinéfilos podería percibir que pegamento os une. En efecto, unha das innumerables cualidades do totémico Jim Jarmusch reside na forma orgánica de integrar a esencia creativa de músicos como os citados, por cuxas obras non esconde a súa profunda admiración, nun universo cinematográfico de parámetros non sempre próximos. Quizais por isto resulta incluso chamativo... Ler máis
SETE NOTAS SOBRE OS VÍDEOS NON PROFESIONAIS DE CONCERTOS
“Durante miles de anos, a música foi a principal metáfora poética para aquelo que non podía ser preservado. A música esvaece tan pronto como é interpretada.” Walter Murch [1] “Filmar, enfocar, visionar, rexistrar os movementos da vida e da miña vida: todos estamos a un paso de ser directores e actores de cine, case a un nivel profesional. O banal, o anecdótico, as grandes catástrofes, os concertos, os actos de violencia son hoxe filmados polos actores da súa propia... Ler máis
CANNES DÍA 10: IGGY ROCKS
As estrelas, estrelas son, non importa a categoría da arte á que pertenzan. O público da sesión de medianoite de onte no Gran Teatro Lumière acolleu con entusiasmo a estrea de Gimme Danger (2016), dirixida por Jim Jarmusch, que entrevista á lenda do rock Iggy Pop. Máis que un retrato persoal sobre a súa figura, trátase dunha volta ao tempo dos Stooges dende o relato do seu solista, único membro aínda vivo dunha banda que revolucionara o rock dos anos setenta. O documental... Ler máis