EL CLUB, de Pablo Larraín

Con iluminación fría e música lenta Pablo Larraín preséntanos en menos de tres minutos os personaxes mailo escenario onde se desenvolverá este escuro filme. Un home xoga á beira do mar co seu can, unha muller frega o patio, o interior dunha lúgubre vivenda, miradas tristes, e miradas cansas. Catro sacerdotes e unha monxa viven nunha pequena casa nunha vila á beira do mar. Xa non poden exercer nas súas parroquias, e a Igrexa mantenos alí co propósito de que recen, reflexionen... Ler máis

HABEMUS PAPAM, de Nanni Moretti

SAÍR DE ESCENA Todo empeza como un mero chiste. Logo da celebración dos funerais na Praza de San Pedro polo (un) papa defunto, os cardeais reúnense en conclave para elixir o sucesor. Ouvimos os seus pensamentos (“por favor, que non sexa eu, que non sexa eu”), antes de que, por fin, logo de longas votacións, o elixido sexa o cardeal Melville (Michel Piccoli), un tapado ao que a elección semella coller por sorpresa. Os demais membros da curia parecen respirar aliviados,... Ler máis