FESTIVAL DE CINEMAS ALTERNATIVOS E INDEPENDENTES EN BARCELONA

Por 22º año consecutivo o Festival de Cinema Independent de Barcelona L’Alternativa asume o reto de constatar que hai vías cinematográficas posibles e necesarias que esquivan ao tempo que cuestionan as normas e convencións do cinema hexemónico. Entre o 16 e o 22 de novembro convidábanos a descubrir unha longa listaxe de títulos “non-dependentes” que libremente optan por eludir as rutinas e ortodoxia para demostrar que hai opcións diversas, outros modos de facer... Ler máis

BILL PLYMPTON, CINEASTA INCANSABLE

O catálogo pesa, pero non queda. Consciente da transcendencia da palabra impresa, o Festival Internacional de Cinema de Xixón dedica cada ano un libro ou dous aos protagonistas dos seus ciclos retrospectivos. Xunto ao de Brillante Mendoza, minúsculo, urxente, pura recompilación sen moito traballo de edición de textos antes aparecidos; o certame asturiano encargou neste 2014 un exemplar sobre Bill Plympton á xornalista Rocío Ayuso. Este, máis esixinte, abrangue toda a obra... Ler máis

EM LISBOA, O INDIE MÉTESE NA PRODUCIÓN

O Indie Lisboa decidiu este ano poñer en marcha a produción dun filme, Em Lisboa, rodado na cidade por catro cineastas moi próximos ao festival: Denis Côté, Dominga Sotomayor, Marie Losier e Gabriel Abrantes. A película proxectarase na gala inaugural da vindeira edición. Miguel Valverde, o co-director do certame, desvélanos os detalles da súa xoia da coroa. Como se concibe Em Lisboa? Nós tiñamos a idea, cando comezamos a pensar no proxecto, de que a celebración do... Ler máis

NÚMERO 22

Moi habitualmente, as revistas de cinema esquecemos os produtores, para falar só dos cineastas. Mais sen eles, non hai filmes. Sabemos que están a pasar unha tempada difícil. As axudas públicas minguan, semella máis difícil obtelas, e van normalmente ligadas a unha xustificación de gastos moi estrita; algo especialmente duro cando están destinadas a persoas físicas, coma é o caso das axudas de talento. Polo tanto, son os máis pequenos os que máis senten a crise. Ante... Ler máis

INDIE LISBOA 2014: DIVERSIDADE E COHERENCIA

Lograr que máis de 200 títulos da tempada cinematográfica en curso dialoguen entre si é algo ben complicado, por non dicir imposible. Se cadra conscientes de que, ante tal magnitude, non se pode asir unha única idea ou trazar un fío condutor, os programadores da undécima edición do Indie Lisboa optaron pola diversidade. Un criterio que congregou no festival un amplo abano de tendencias, nas que se intúe un espírito común: o risco. É na exploración de novas linguaxes... Ler máis

PREOCUPACIÓNS E REFLEXIÓNS SOBRE A PRODUCIÓN DE CINEMA SURCOREANO DO 2013

Kim Ki-duk presentando o seu novo proxecto, 'Moebius'. En Asia, a histórica dispoñibilidade á boa e non tan custosa tecnoloxía fixo que o uso dos aparellos electrónicos se sitúe no centro da vida e que o rexistro e posterior reporte das actividades cotiás sexan a norma, xerando unha abafadora naturalidade coa que o normal da poboación domina a técnica. Sumado á consolidación a fins dos 90 dun cinema nacional grazas, principalmente ao establecemento do Busan... Ler máis