INDIELISBOA 2017: AS MÚLTIPLES VIDAS DOS TRABALLADORES, DOS OCIOSOS E DOS MARXINAIS

Os tempos da hibridación entre o documental e a ficción, así como o debate sobre os límites destes rexistros, fican definitivamente atrás. A deriva que tomou o cinema nos últimos anos convida a superar esta dicotomía e a abandonar as categorías ríxidas coas que antes se definían estilos e tendencias. Todo resulta agora máis complexo e, á vez, de súpeto, máis doado de encarar, como suxiren as dúas longametraxes vencedoras da competición internacional do último... Ler máis

EQUIPA (26)

O traballo da crítica consiste en elaborar un discurso sobre o mundo a través do cinema, mais hai moitos xeitos de facelo: hai quen escribe, quen investiga, quen dá aulas, quen filma e quen programa, actividades todas elas que se desenvolven dende unha perspectiva crítica e cunha vontade ás veces moi similar. Moitas destas tarefas mesmo poden coincidir nunha mesma persoa, polo que hai críticos-ensaístas, críticos-investigadores, críticos-profesores, críticos-cineastas... Ler máis

INDIE LISBOA 2014: DIVERSIDADE E COHERENCIA

Lograr que máis de 200 títulos da tempada cinematográfica en curso dialoguen entre si é algo ben complicado, por non dicir imposible. Se cadra conscientes de que, ante tal magnitude, non se pode asir unha única idea ou trazar un fío condutor, os programadores da undécima edición do Indie Lisboa optaron pola diversidade. Un criterio que congregou no festival un amplo abano de tendencias, nas que se intúe un espírito común: o risco. É na exploración de novas linguaxes... Ler máis

CINEMA PORTUGUÉS NO INDIELISBOA 2012

SERÁN CINZA, MAIS TERÁ SENTIDO Calquera visitante que pasara por Lisboa na segunda metade de abril podía levar unha inmellorábel impresión sobre o estado de saúde do cinema portugués. Bastaría para iso con botarlle unha ollada á carteleira diaria que publican os xornais e comprobar de primeira man a presenza modesta mais digna de encomio de filmes con excepcional acollida crítica coma Tabu de Miguel Gomes (dobremente premiado na Berlinale), É na Terra não é na Lua de... Ler máis

INDIELISBOA 2012 E AS MARXES DO SEXO

Logo de case un decenio de andaina, o Festival Internacional de Cinema Independente de Lisboa é unha cita anual xa consolidada na súa condición de imprescindible punto de encontro ibérico coas manifestacións máis recentes do cinema de autor. Competición Internacional de longametraxes e curtas, Competición Nacional de ámbalas dúas, Observatorio, Cinema Emerxente (que incluía unha retrospectiva con foco sobre o novo cinema suízo), Pulsar do Mundo, Indiejúnior, IndieMusic,... Ler máis

O QUE ARDE CURA (2012), de João Rui Guerra da Mata

O LUME COMO FORMA E FONDO IndieLisboa 2012: Competição Internacional e Competição Nacional O dormitorio dunha dona. Á esquerda, un gran leito desordenado. Á dereita, porta que dá a un cuarto de baño coa luz acesa. Unha mesa de noite cun teléfono. Unha cadeira baixa. Algúns libros. A luz dunha lámpada (…) Soa o teléfono. A muller deixa cae-lo abrigo e precipítase sobre o auricular. Dende ese mesmo intre vai falar sen interrupción: de fronte, de costas, de perfil,... Ler máis

BESTIAIRE (2012), de Denis Côté

A BELA, A BESTIA E A BESTIAL BELEZA IndieLisboa 2012: Sección Observatory Nun prólogo tan espléndido coma astuto, o canadense Denis Côté anticipa o perspicaz xogo de representacións e percepcións que despregará ao longo de Bestiaire, enigmático e esplendoroso ensaio sobre a observación, a identificación e a imaxinación. Durante varios minutos de paciente e intrigante contemplación, vemos con atención e curiosidade os primeiros planos de catro debuxantes mozos traballando... Ler máis