LA IDEA DE UN LAGO, de Milagros Mumenthaler

Uns meses despois de vela, o que quedou de La idea de un lago (Milagros Mumenthaler, 2016) na miña cabeza eran moitas imaxes fascinantes gravadas no meu cerebro, máis que a maneira na que a película as conecta entre elas. Unha nena achegándose á cámara e abafando a lente co seu alento. A mesma nena bañándose nun lago mentres un Renault 4 flota e xoga con ela. A póla dunha árbore caendo no bosque sen que ninguén a vexa. Un neno vestido de Superman sentado ao volante... Ler máis

ESTIU 1993, de Carla Simón

Tense escrito tanto sobre as familias como ten mudado o concepto co paso do tempo. Cada familia, e sabémolo pola experiencia propia de cada un de nós, é un mundo e, ao fin e ao cabo, “en todas as casas cócense fabas”. Estiu 1993 (Carla Simón, 2017) é un fermoso traballo arredor da reconstrución da familia despois da morte dalguén. Reconstrución que ten o centro en Frida, unha nena orfa que terá que aprender a chamar aos seus tíos, pais. O filme de Carla Simón consegue... Ler máis

OUFF 2017: O PERSOAL É POLÍTICO

Este lema feminista semella funcionar na programación da 22ª edición do Festival de Cinema Internacional de Ourense coma unha sorte de declaración de intencións. Algúns dos filmes programados collen como bandeira estas palabras para debuxar historias crúas, cargadas de realismo, que nos sitúan contra as cordas como partícipes dunha sociedade caduca na que cómpre replantexarse os piares sobre os que construímos. Baronesa (Juliana Antunes, 2017) Como non podía ser doutra... Ler máis

NOVOS CINEMAS, NOVOS VERÁNS

Conscientemente, ou non, entre os filmes seleccionados nas diferentes seccións do festival Novos Cinemas, aparece o verán coma un tema, ou un escenario, recurrente. Ao longo de varias cintas o verán érguese coma esa suspensión do tempo na que a vida reduce a súa velocidade e permítenos observar todo con máis calma. Tamén un momento no que os días alónganse e parecen separarse do tempo mesmo, provocando a ilusión do nacemento dunha especie de liña temporal alternativa... Ler máis

COMOARA, de Corneliu Porumboiu

Ao invocar á Nova Ola Rumana, un dos movementos máis puxantes e identificables dos últimos anos dentro do cinema global, téndese a pensar nuns rasgos formais e temáticos case inamobibles. En efecto, a revisión histórica e o atasco social que produciu no país a herencia comunista atravesan as filmografías xa non só dos Cristi Puiu, Cristian Mungiu o Radu Muntean, senon tamén dos primeiros cineastas que comezan a asomar baixo a sombra desta brillante xeración, criada... Ler máis

MUROS INVISÍBEIS / TRAUMAS INDIVIDUALMENTE COLECTIVOS NO CINEMA DE HIROKAZU KORE-EDA

Disque a vida está construída de tal xeito que ninguén pode vivila só. Por iso, non abonda con que as flores teñan pistilos e estames. Precisan que un insecto ou o vento leve o pole dun estame até o pistilo. A vida contén a súa propia ausencia, o seu propio baleiro, que só pode encher o outro. O mundo é a suma dos demais. Con todo, non sabemos, e tampouco nos contan que remataremos por completarnos. Seguimos coa nosa vida solitaria, ignorando aos demais con indiferenza. Ás... Ler máis

O CINEMA DE PEQUE VARELA

“CANTO MÁIS PERSOAL E HONESTA É A HISTORIA QUE CONTAS, MÁIS UNIVERSAL SERÁ”  · Peque Varela (Ferrol, 1977), galega afincada en Londres, escolleu para expresarse o camiño do cine de animación. Ten unha produción relativamente escasa ás súa costas, pero  todo o que saíu da súa sala de montaxe logrou cautivar á critica. A curtametraxe que  lle servíu como traballo de fin de carreira na Universidade de Westminster, 1977,  chegou a presentarse no Festival... Ler máis