DJANGO UNCHAINED, de Quentin Tarantino

Que Quentin Tarantino é un cineasta controvertido é un feito indiscutíbel. Amado e odiado a partes iguais, a súa carreira está marcada pola súa cinefilia e gusto polo cinema de culto, a súa capacidade para rescatar vellas glorias, as súas narrativas violentas e un sentido do humor vándalo, ferinte e mordaz. Nunha filmografía tan coherente como ateigada de matices, a característica máis visíbel da obra de Tarantino é a súa habilidade para abordar un xénero e renderlle... Ler máis

OPEN TALK: BONG E TARANTINO

Non houbo tempo para o rumor ou o transcendido. Simplemente chegou un mail avisando do evento: Open Talk Bong Joon-ho (BJH) e Quentin Tarantino (QT). Así, nunha fermosa tarde na que a luz acusaba o final do outono e do Festival Internacional de Busán (BIFF) Quentin Tarantino chegou á cidade surcoreana desde Macao, onde recibiu o premio pola súa carreira nos Premios Huading. Así, de súpeto, espontaneamente, como fan, non como convidado, e este foi o único evento que aceptou... Ler máis