O MASH UP NO VÍDEO-ENSAIO, UNHA FERRAMENTA DE ANÁLISE SUBXECTIVA

Le este artigo na súa versión orixinal en portugués. TRANSFORMERS: THE PREMAKE (a desktop documentary) (Kevin B. Lee, 2014) Ao longo deste artigo intentarei reflexionar sobre as posibilidades do vídeo-ensaio na súa relación co cinema found footage e de apropiación de imaxes, tanto nas estratexias formais como, sobre todo, nas intencións poéticas e metafóricas. En particular, centrareime na relación cos obxectos fílmicos dende o punto de vista romántico da ruína... Ler máis

“PÓDESE HABITAR NA IMAXE” ENTREVISTA CON MARÍA CAÑAS

Os pasados festivais de Sevilla e Mar del Plata adicáronlle unha retrospectiva completa á obra de María Cañas (Sevilla, 1972), unha das creadoras máis inquedas do panorama audiovisual actual. Os seus traballos sitúanse a medio camiño entre o videoarte e o cinema de metraxe atopada, a parodia e o documentário, ou mesmo entre a teoría e a práctica, xa que non hai ninguén mellor ca ela para reflexionar sobre as súas propias creacións, xa sexa en palabras ou en imaxes.... Ler máis