La vida de los demás, de Mohammad Rasoulof
“Isto é Irán. Aquí non hai lei, só diñeiro e nepotismo. Dinche que apartes o tallo e falo, ou serás ti e o teu mellor amigo apartará o tallo dos teus pés”. Reflexións tan explícitas como estas nos filmes de Mohammad Rasoulof valéronlle ao director iraniano sucesivas condenas dos tribunais da república islámica. No seu último traballo, La vida de los demás (There Is No Evil), que se estrea nas salas españolas este venres 25 de xuño, o cineasta realiza unha... Ler máis
LE PASSÉ, de Asghar Farhadi
A REDENCIÓN SILENCIOSA “Por non morrer de angustia e de vergoña, os homes están eternamente condenados a esquece-las cousas desagradables das súas vidas, e canto máis desagradables son, antes as esquecen”. Así sentenciaba un inspector sen nome encarnado por Roman Polanski en Una pura formalità, de Giuseppe Tornatore (1994). O argumento, porén, non estaría completo sen engadir que o esquecemento, por moi pretendido, nunca chega a ser real, sendo unicamente posible... Ler máis
SITGES 2013 (3/4): METACINE E XÉNERO
Unha das constantes nas últimas edicións do festival de Sitges foi a maneira na que o xénero soubo reflexionar sobre si mesmo, con exercicios metacinematográficos de diversa índole, que teñen como principal intención realizar unha deconstrución narrativa e estética das películas das que beben. Este ano non foi menos, e a selección deixou unha boa nómina de propostas parecidas. Nada máis chegar ao festival, gozabamos da última delicia de Jafar Panahi. O autor iraniano... Ler máis