FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE XIXÓN 2016: CRÓNICA EXPRESS DUNHA VISITA BREVE
No panorama de festivais de cinema a nivel estatal, o Festival Internacional de Cine de Xixón tivo, e ten, o seu lugar reservado. Aínda que desaparecido das rúas pola inexistente cantidade de carteis/posters/folletos que anunciaban tal evento, a cidade semellaba respirar cinema cando un se achegaba a algunha das sedes onde tiñan lugar as proxeccións. Un servidor, escapando brevemente de Cineuropa, colleu carretera e meteuse os quilómetros que unen Compostela coa cidade... Ler máis
CANNES DÍA 6: OLIVER LAXE CONQUISTA A CROISETTE
Chegou unha das xornadas máis esperadas deste Cannes 2016, pois hoxe presentouse na Semana da Crítica Mimosas (Oliver Laxe, 2016), filme que suscitou o aplauso entusiasta do público e que está a ser ben recibido pola crítica. A segunda longa do director de Todos vós sodes capitáns (2009) pouco ten que ver con esta. Unha caravana no Atlas marroquí leva un home ao seu lugar de repouso. Con esta sinxela liña argumental, Laxe constrúe unha cinta contemplativa e con diálogos... Ler máis