PROCESOS #29: ALFONSO ZARAUZA

Seis anos despois da súa última longametraxe, Alfonso Zarauza (Santiago de Compostela, 1973) presenta o seu novo traballo no Festival de Cine Europeo de Sevilla. Ons céntrase nunha parella en crise, interpretada por Melania Cruz e Antonio Durán ‘Morris’, que se traslada a pasar o verán na illa titular, onde a chegada dunha estranxeira misteriosa provoca que afloren secretos e sentimentos ocultos. Con apenas 5 longametraxes ás súas costas, Zarauza conta cunha das filmografías... Ler máis

WOMAN AT WAR, de Benedikt Erlingsson

Dentro dunha cinematografía en auxe durante este século como a islandesa, con parámetros tan homoxéneos e ríxidos en boa parte dos títulos que exporta anualmente, a aparición de Benedikt Erlingsson –ata entón autor e intérprete teatral– en San Sebastián 2013 con Of Horses and Men supuxo unha certa revelación. O seu primeiro filme parecía querer dinamitar o consabido valor emocional da paisaxe da illa no cinema dos Friðriksson ou Rúnarsson, volcando o seu papel... Ler máis