STEFANO SAVONA: “VOLVO A ATOPARME NA SITUACIÓN DE PREGUNTARME COMO CONTAR A DOR”
Stefano Savona (Sicilia, 1969) estrea nas salas de cinema La Familia Samuni (2018). A súa crónica íntima da guerra en Gaza, que xa iniciara con Cast Lead (2009), culmina con este último filme: un relato de resistencia e esperanza co seu rostro máis humano. Falamos con el en plena rodaxe da súa seguinte obra. Gustaríame comezar polo principio, preguntándoche polos protagonistas. Por que escolles a esta familia e as súas historias? Creo que a resposta máis sinxela é... Ler máis
LA FAMILIA SAMUNI, de Stefano Savona
Se vivir na devastación é minimamente reproducible mediante o cinema, La familia Samuni achéganos á experiencia coa alquimia do real, a animación e as recreacións de gravacións con drone dos ataques militares. Insensibilizados polo anonimato das imaxes que se adoitamos ver nos medios de comunicación sobre o conflito palestino-israelí, desprendidos da realidade e regados de cascallos, durante o visionado do filme relacionámonos coas vítimas da familia Samuni. Convivimos... Ler máis
SINÓNIMOS, de Nadav Lapid
Ser francés Sinónimos é unha película diversa e irregular como un diario persoal. Durante dúas horas sucédense as anécdotas sen que cheguen a desenvolver unha trama aparente. Teñen, con todo, un centro de gravidade. O actor Tom Mercier, que debuta de maneira asombrosa nesta película, paséase co seu abrigo prestado polas rúas de París. Conta as súas historias de Israel a unha parella de mozos burgueses parisienses, traballa como axente de seguridade na embaixada israelí,... Ler máis
SEFF 2018: SECCIÓN OFICIAL
A sensación ao chegar a un gran festival é a de querer velo todo. Unha ollada ao horario amosa a grandísima variedade de opcións e filmes programados que, mentres non se resolva a posibilidade da ubicuidade, se solapan e contraprograman. Comeza aí o tetris de filmes tradicional, a selección de que ver e cando, que remata por derivar nunha experiencia única e persoal a cada un dos asistentes. Isto é o que pasa no Festival de Sevilla, unha cita que reúne nas súas máis... Ler máis
SEFF 2014: UN PANORAMA DIVERSO
Nunha selección na que non se advirten tendencias claras nin ningunha conexión evidente entre os filmes da sección oficial, alén de ofrecer un panorama do cinema europeo de autor de 2014, preferimos facer un repaso ao palmarés e comentar outros filmes que puidemos ver na nosa estancia en Sevilla. Deberiamos comezar por Turist (Ruben Östlund, 2014), Giraldillo de Oro e mellor guión, pero dáse a casualidade de que é das que nos faltou por ver. Como consolación, si podemos... Ler máis
LONDON FILM FESTIVAL 2014 (II / III): ISRAEL, O OUTRO COMO REFLEXO DUN MESMO
A nosa primeira crónica do London Film Festival xa anticipaba que o enfrontamento secular entre israelís e palestinos tivera unha importante presenza na programación deste ano: a metade da produción procedente de Israel detívose nesta cuestión, mentres que a outra metade concentrouse en temas menos candentes, deixando de lado este debate para mergullarse na vida cotián israelí. Este sería o caso de Gett – The Trial of Viviane Amsalem (Ronit & Shlomi Elkabetz, 2014),... Ler máis
LE FILS DE L’AUTRE, de Lorraine Lèvy
23 de xaneiro de 1991. Unha data que marcará para sempre as vidas das familias protagonistas desta historia. Dúas familias separadas por unha fronteira case infranqueable, mais unidas por un vínculo moito máis forte. Joseph (Jules Sitruk) é xudeu e quere ser músico, Yacine (Mehdi Dehbi) é musulmán e soña con estudar medicina e construír un hospital na súa terra natal. Lorraine Lèvy pon de relevo o conflito palestino-israelí a través da historia de dous rapaces nados... Ler máis