PLAY-DOC 2012

CONSOLIDACIÓN DUNHA FORMA A pesares das súas indiscutíbeis virtudes, e da extraordinaria sensación que deixa o ambiente de celebración que se vive sempre en terras tudenses por estas datas, as anteriores edicións do Play-Doc sempre me acababan deixando unha certa insatisfacción. Algo que tiña que ver cunha programación que tendía a dar unha de cal e outra de area, e a quedar un chanzo por debaixo do que prometían os seus momentos máis inspirados. Por fin, este ano... Ler máis

ARQUEOLOXÍA VISUAL DO TERRITORIO

Os efectos da crise actual non se notan somentes nos mercados, senón que tamén se poden rastrexar na superficie do territorio. Nos últimos anos, as cidades do estado español, e sobre todo as súas periferias rururbanas, estanse convertendo nun ermo de ruínas a medio construír, lugares abandonados, paisaxes intermedias ou, no mellor dos casos, paisaxes banais (1). Estes espazos condensan a historia da sociedade que os produciu, unha historia que, neste caso, fala dun estado... Ler máis

OS FILMES CON MÁIS POUSO DO FIC XIXÓN

O bo de comezar a escribir sobre un festival -e a pensalo, polo tanto- días ou semanas despois de que terminase é que as películas van, aos poucos, recolocándose na nosa memoria. E o curioso é que as que reclaman o seu espazo non sempre son as que máis nos gustaron. Deixando de lado a Sección Oficial, da que xa se encargou o meu compañeiro Pablo Gonzalez Taboada, catro foron as películas das seccións paralelas que máis me fixeron pensar desde que volvín de Xixón:... Ler máis

ESES MESTRES QUE NOS GUSTARÍA TER

PEDAGOXÍA DA IMAXE: STRAUB-HUILLET / BENNING / GODARD E para aprender, é necesario ir á escola. Non tanto á escola da vida coma ao cine como escola. Serge Daney Malia as súas heteroxeneidades e diferenzas, estes cineastas, a través de obras claramente afastadas dos códigos dominantes da representación, intentan transmitir unha pedagoxía da imaxe, mediante un cuestionamento directo do que é unha imaxe e por extensión a eterna pregunta baziniana de que é o cine. As... Ler máis

O CINEMA DE XURXO CHIRRO

Xurxo González naceu n’A Guarda, en 1973. É licenciado en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela e doutor en Historia da Arte pola UNED. Ten unha sólida traxectoria como crítico e investigador do cinema, que desenvolveu en organismos como o Consello da Cultura Galega, o Instituto Cesing ou a Axencia Audiovisual Galega, e en plataformas como Teutubo e Flocos.tv. Coordinou os libros Manoel de Oliveira (CGAI) e Documentación da videocreación en... Ler máis

A VIDA ÚTIL

A RESPONSABILIDADE DA PROGRAMACIÓN NOS PRINCIPAIS FESTIVAIS INTERNACIONAIS «300 mil persoas participaron dunha celebración do mellor cinema independente do mundo, que concluíu este domingo cun saldo positivo dende todos os puntos de vista. Vendéronse 210 mil entradas, déronse 1083 funcións e proxectáronse 438 películas (100 curtas, 307 longas e 31 mediometraxes), coa participación de 300 invitados internacionais entre actores, directores, produtores e críticos dos... Ler máis