Longa noite, de Eloy Enciso Cachafeiro

En Arraianos (2012), a segunda longa de Eloy Enciso tralo documental Pic-nic (2008), o autor sorprendeu ao poñer en boca dos seus intérpretes non profesionais –habitantes da aldea fronteiriza de A Raia– o texto literal da obra de Jenaro Marinhas del Valle, O bosque. Dita operación, en boa parte herdeira do traballo fílmico sobre bases literarias de Jean-Marie Straub e Danièle Huillet, non só apuntaba cara a reivindicación dos usos e modos propios daquel lugar concreto,... Ler máis

SEFF 2015: AS CATRO ONDAS QUE DEVIRON EN TSUNAMI

O festival de Sevilla caracterizouse nos últimos anos pola súa aposta por un cinema experimental de difícil acceso e necesaria reivindicación. Gunvor Nelson, Heinz Emigholz ou Peter Tscherkassky foron froito de varios dos ciclos das tres últimas edicións, así coma o pasado ano se dedicaba unha sesión ao cinema de vangarda austriaco. Non obstante, os programadores non tiveran a valentía ata o momento de incluír en seccións competitivas este tipo de pezas, privándonos... Ler máis

ESES MESTRES QUE NOS GUSTARÍA TER

PEDAGOXÍA DA IMAXE: STRAUB-HUILLET / BENNING / GODARD E para aprender, é necesario ir á escola. Non tanto á escola da vida coma ao cine como escola. Serge Daney Malia as súas heteroxeneidades e diferenzas, estes cineastas, a través de obras claramente afastadas dos códigos dominantes da representación, intentan transmitir unha pedagoxía da imaxe, mediante un cuestionamento directo do que é unha imaxe e por extensión a eterna pregunta baziniana de que é o cine. As... Ler máis