LAS PALMAS 2016

“Apostamos por la cultura” Así dicía o logo da televisión autonómica que aparecía antes da proxección das curtametraxes canarias a concurso. Alguén berra, risas na sala, burlas. A nova e prometedora xeración de cineastas canarios amosou as súas obras durante o primeiro fin de semana do festival. Dividido en dúas seccións, longa e curtametraxes, o foco canario permitiu que nos achegáramos ás pezas dos cineastas locais, un amplo abanico de obras moi ricas e interesantes... Ler máis

ESSENTIAL KILLING, de Jerzy Skolimowski

UN POEMA GLACIAL · Tres estadounidenses armados intérnanse nun labirinto de simas, nalgún deserto cálido e indeterminado. Un home vestido con túnica veos, foxe asustado e refúxiase nunha cova. Non o vemos a el, pero vemos a través del. Vemos o que os seus ollos ven. Arrebata un bazooka a outro home, parece árabe, está morto. O primeiro treme, arquexa, titubea, e, aterrorizado pola ameazante proximidade dos estraños, dispara. Punto e aparte. Ignoramos quen son as vítimas... Ler máis