ELOY DOMÍNGUEZ SERÉN E A PAISAXE

Camiño e miro ao meu arredor: piso Galicia, Suecia, Noruega, o Sahara… A miña pegada é leve e efímera; borrarase trala miña partida, sepultada baixo o barro, a neve, a area… A súa pegada, porén, virá comigo onde vaia. (1) O traballo de Eloy Domínguez Serén parece repetir ao longo da súa, polo de agora, curta filmografía unha admiración pola paisaxe filmada. Desde os seus primeiros filmes, o autor esculpe coa súa cámara unha paisaxe que transforma ata... Ler máis

PLAY-DOC 2015: ESPAZOS FALADOS E PAREDES INVISÍBEIS

Dúas tendencias aparecen na última edición do Festival Play-Doc como síntomas dun escenario cambiante. Onde o ano pasado atopábamos filmes marcados por un forte compoñente contemplativo –Costa da Morte (Lois Patiño, 2013), Manakamana (Stephanie Spray & Pacho Vélez, 2013) ou mesmo Szapito (Bodgan Dziworski, 1984)– nesta edición xorden pola contra dúas tendencias diferentes como constantes: a voz como unidade espacial e o derrube sistemático da cuarta parede.... Ler máis

JET LAG, de Eloy Domínguez Serén

Xa dende o seu mesmo título, Jet Lag sitúanos na demora, no tempo desprazado que se sinte distinto, alleo. Unha película que se propón acompañar un empregado de estación de servizo perdida nunha carreteira secundaria durante as longas horas que dura a quenda de noite. Un home da cámara (Eloy Domínguez Serén) e unha muller do micro (Beli Martínez, tamén produtora) que aparentemente se propoñen observar e escoitar, sen máis; agardar, na liña do documental observacional... Ler máis

PROCESOS#21 – ELOY DOMÍNGUEZ SERÉN

Eloy Domínguez é de espírito curioso, todo lle fascina. Filma aquelo que o rodea co que teña na man, ben sexa un teléfono móbil ou unha cámara. Logo de colaborar como crítico na Radio Galega e de fundar a Cuarta Parede marcha para Suecia. Alí traballa como peón de obra e como camareiro, mais nunca abandona ese afán observador, reafírmase como cineasta e de aí xorde Pettring. Viaxa, indaga, aprende e tamén ensina. Filma a única hora de luz que os habitantes de Fauske... Ler máis