EROS E THANATOS

Un repaso a algunhas películas contemporáneas con motivo da estrea de Restless Así tu muerte despierta en mí el deseo de la muerte como tu vida despertaba en mí el deseo de vida Luis Cernuda1 “Eros e Thanatos- este é un arquetipo ancestral2” dicía Cesare Pavesse ao final do seu diario. E é que a morte apareceu na cultura occidental moitas veces como a meta da paixón suprema, os amores de parellas como Tristán e Isolda; Romeo e Xulieta; Eneas e Dido; Calisto e Melibea;... Ler máis

SANGUE DO MEU SANGUE, de João Canijo

IDENTIFICACIÓN DUN FILME INTRO. João Canijo é un dos cineastas máis importantes da actual xeración do cinema portugués, á par de autores como Pedro Costa, Teresa Villaverde ou João Pedro Rodrigues. Os seus primeiros filmes datan da década dos 80 (Três Menos Eu, 1987; “Filha da Mãe”, 1989) e representaran, neses tempos, unha sinal dunha renovación xeracional do cinema feito en Portugal. Entanto, despois dun interregno de varios anos (momento no que ten un traballo... Ler máis

CINEMA PORTUGUÉS EN 19º CURTAS VILA DO CONDE, COLLEITA 2011

Pedro Costa, coa curta O Nosso Homem, foi o vencedor da competición portuguesa e o grande destaque da 19ª edición do Curtas Vila do Conde. Tal como se prevía, o consagrado cineasta portugués venceu de forma natural o concurso nacional e até ofuscou os vencedores da competición internacional, tradicionalmente máis mediática. Volvendo ao territorio de Costa, a curta premiada recupera materiais de Tarrafal (2007) e A caça ao coelho com pau (2007), dúas curtas que se relacionaban... Ler máis

LONGA VIDA Á CURTA: CURTAMETRAXES EN CANNES

Un dos maiores empeños do Festival de Cannes durante as súas últimas edicións foi o de estimular e apoiar a creación dos novos realizadores e avalar a exhibición e distribución da produción de curtametraxes. Con este propósito, na edición de 2011 a organización do certame decidiu axuntar forzas e integrar ao redor da Cannes Court Métrage dúas seccións que ata agora conviviran de modo independente, a Competición Oficial de Curtametraxes e o Short Film Corner. A... Ler máis

ÚLTIMO CINEMA PORTUGUÉS: EXPERIMENTACIÓN FORMAL E NARRATIVA

Na primeira década deste século, o cinema portugués reinventouse coa aparición de varios novos autores. Este novo descubrimento dun novo cinema saldouse con varias modificacións tanto nos modos de produción como nas escollas temáticas e cinematográficas. Visualmente, o cinema portugués foi, lentamente, transformándose e o panorama actual é, en moitos aspectos, distinto daquilo que era coñecido como cinema portugués. Con todo, non deixa de ser necesario recuar á... Ler máis

DESEXAR O IMPOSIBLE – O CINE DE JOÃO PEDRO RODRIGUES

Seguir falando de queer cinema á hora de referirse a João Pedro Rodrigues é, canto menos, inxusto e reducionista. Ao longo da súa curta pero intensa filmografía conseguiu afastarse de todos eses tópicos e demostrou coherencia cara si mesmo e a súa obra. Polo tanto, desde un principio imos obviar as típicas influencias atribuíbles ao seu cine (Warhol, Fassbinder, Sirk) e as comparacións odiosas (por moito que nos seduza o paralelismo musical que fai Johnny Ray Houston... Ler máis