CURTAS 2015: BOA COLLEITA LUSA

Curtas Vila do Conde é un festival que sempre pode presumir da súa sección nacional. Heteroxénea e irregular, como todas as competicións deste estilo, é raro que en cada edición non despunten varios títulos, coma foi o caso de 2015, que veu acrecentado este éxito mediante a produción de catro curtametraxes dende o festival. Da primeira delas, do galego Lois Patiño, xa apuntamos algo nunha crónica anterior, mais haberá que precisar certos aspectos de Noite Sem Distância... Ler máis

ENTRECAMPOS, de João Rosas

Mariana é unha rapariga de 11 anos que acaba de se mudar co pai para Lisboa, vinda dunha pequena cidade do Tello. Os primeiros días na cidade, ao final de agosto, pásanos afacéndose á casa e coñecendo o novo barrio, Entrecampos. No fin do primeiro día de clases, Mariana pérdese ao voltar para a casa da escola e ten que telefonar ao pai a pedirlle axuda. Ao día seguinte, traba amizade cun rapaz da súa clase, Nicolau, e o irmán máis vello del, Simão. Os dous irmáns... Ler máis