VERTICAL CINEMA: SOBRE A PERCEPCIÓN E A REALIDADE DO CINEMA EXPERIMENTAL

Un tende a pensar (e con isto refírome a min mesmo) que todo o relacionado co cinema experimental lexitímase unicamente desde os formatos analóxicos, a química, o uso das ferramentas propias da luz, o celuloide, as emulsións, a prata. Con este prexuízo, e non teño ningún pudor en afirmar que o teño, sentei durante a edición do 2014 do Festival Internacional de Cinema de Róterdam (IFFR) nunha igrexa a comungar con dez obras que compoñen o programa de Vertical Cinema1.... Ler máis

CURTOCIRCUITO 2015: APOCALIPSE E XUVENTUDE

Tres anos despois da suposta fin do mundo, a apocalipse segue a estar de moda. Novos escenarios, a cotío posteriores a este colapso do mundo, son escollidos na actualidade para situar moitos filmes. Quizais por unha vontade de advertencia do posible ocaso da sociedade, quizais polo atractivo que suscitan. Fin do mundo que non sempre se corresponde coa destrución do planeta, senón, ás veces, co fin dunha era co comezo de outra. Algo así como acontece no paso da xuventude... Ler máis