O FILME-ENSAIO SOBRE ARTE: DO DIÁLOGO ESTÉTICO AO ENSAIO FICCIONADO

O encontro entre o cinema e as artes visuais é recente, pero tardará varias décadas en volverse un diálogo efectivo; sucesivos tanteos irán facendo cada vez máis complexa a mirada do cineasta. Dentro deste proceso, o cruce entre o cinema sobre arte e o cine-ensaio, cada un cos seus desenvolvementos paralelos, coa súa fixación de ferramentas expresivas, suporá unha sorte de culminación para ambos campos: un pensamento estético en imaxes, expresado en primeira persoa,... Ler máis

JØRGEN LETH: “A CURIOSIDADE É O MEU MOTOR”

O “papá” do cine danés aterraba en Santiago de Compostela para presentar a súa retrospectiva en Curtocircuito. Dez filmes dunha filmografía de máis de 50 anos de actividade foron os escollidas polo festival para facer unha panorámica pola obra do director. Jørgen Leth agárdanos no seu hotel onde, entre revistas de cine e de ciclismo, sentamos nunha mesa con vistas á Alameda e comezamos unha conversa de máis dunha hora sobre a súa carreira como director. De onde... Ler máis

JØRGEN LETH, ANTROPOLOXÍA E CINEMA

Jørgen Leth (1937, Aarhus) é un dos realizadores de cinema máis relevantes do cinema europeo e, quizais, tamén un dos máis esquecidos. A súa obra, fortemente experimental, abrangue máis de cincuenta anos adicados á sétima arte onde destacan filmes como The Perfect Human (1967), A Sunday In Hell (1977) ou 66 Scenes From America (1982). A súa cinematografía, venerada por directores como Lars Von Trier, semella ser un intento por mesturar antropoloxía e cinema na procura... Ler máis

PELA DEL ÁLAMO: “QUEREMOS MEDRAR EN CALIDADE, NON EN CANTIDADE”

Por terceiro ano consecutivo, Pela del Álamo ponse aos mandos do Festival Internacional de Cine Curtocircuíto. A cidade compostelana encherase de actividades e filmes durante unha semana que irá do 6 ao 11 de outubro e cuxos pratos fortes serán a visita dos directores Aki Kaurismäki e Jørgen Leth. Décimosegunda edición de Curtocircuíto, a terceira contigo coma director. É esta a edición máis potente do festival? Eu cheguei a Curtocircuito hai tres anos e desde o primeiro... Ler máis